image

Grao en Enxeñaría Civil

Escola Politécnica Superior (EPS).
rúa Bernardirno Pardo Ouro, s/n. Campus Universitario. 27002. Lugo.
Universidade de Santiago de Compostela (USC).

1ª Parte: Termodinámica e Transmisión da calor

TEMA 1: CONCEPTOS BÁSICOS E POSTULADOS INICIAIS DA TERMODINÁMICA

Introdución: obxecto da termodinámica. Sistema termodinámico: propiedades, descrición e estado. Fases: calor latente. Procesos. Ciclos. Procesos reversíbeis e irreversíbeis. Equilibrio térmico. Definición de temperatura. Escalas termométricas. Temperatura absoluta. Teorema de Nernst.— Leis dos gases ideais: ecuación térmica de estado. Ecuación de estado dos gases reais. Diagrama de compresibilidade. Comportamento P-V-T de mesturas de gases: os modelos de Dalton e Amagat. Mesturas de gases reais — Dilatación térmica: lineal, superficial e cúbica. Dilatación de líquidos. Dilatación dun gas ideal. Esforzos térmicos.

TEMA 2: PRIMEIRO PRINCIPIO DA TERMODINÁMICA.

Introdución. Ampliando o concepto de enerxía: enerxía interna. Ampliando o concepto de traballo: traballo termodinámico. Traballo en procesos cuasiestáticos de expansión e compresión. Teoría clásica de intercambio de calor de Lavoisier-Laplace: calorimetría. Primeiro principio: conservación da enerxía. Termodinámica dos gases perfectos: lei de Joule, enerxía interna, entalpía, calores específicos e relación de Mayer. Aplicación do primeiro principio a sistema pechados con gases ideais: isóbaras, isócoras, isotermas e adiabáticas. Procesos politrópicos.

TEMA 3: SEGUNDO PRINCIPIO DA TERMODINÁMICA.

Introdución: limitacións do primeiro principio. Máquinas térmicas: rendemento e eficacia. Formulacións do segundo principio en base a máquinas térmicas: enunciados clásicos de Clausius e Kelvin-Planck. Móbil perpetuo de segunda especie. Estudo de máquinas térmicas. Causas de irreversibilidade en procesos reais. Segundo principio: versión Carnot. Teorema de Carnot. Outros ciclos: Otto e Diesel. Temperatura termodinámica. Segundo principio: aumento de entropía. Variacións de entropía en procesos irreversibles. Desigualdade de Clausius. Relacións da entropía con outras propiedades termodinámicas. Cálculo de variacións de entropía en procesos reversibles.

TEMA 4: TRANSMISIÓN DE CALOR.

Introdución: sistemas desequilibrados. Contexto dos modos de transmisión do calor. Transferencia da calor por condución. Propiedades térmicas da materia: condutividade e resistencia térmica. Ecuación de difusión da calor. Transferencia da calor por convección. Transferencia da calor por radiación: Penetración da radiación na materia. Propiedades das superficies emisoras de radiación. Reflectancia, absortancia e transmitancia. O modelo de corpo negro. A lei de Planck. A lei dos desprazamento de Wien. A lei de Stefan-Boltzmann. A lei de Kirchhoff. Intercambio de calor por radiación entre dous corpos separados por un medio non absorbente.- Exemplos clásicos con solución analítica: Condución a través de paredes planas simples. Transmisión térmica complexa. Coeficiente global de transmisión. Sistema radiais: condución a través das paredes simples dun cilindro oco. Condución a través de paredes cilíndricas compostas. Condución a través de paredes esféricas compostas. Espesura crítica dun illante radial. Perfís de temperatura en función da xeometría.

Páxinas 1 de 3 3 2 1

Ligazóns

pix pix pix pix pix

Contacto

Despacho nº 7, Planta 1ª Inf. Pavillón II. EPS.
Titorías: 09:30 - 12:20 os Mércores e Xoves.
Correo electrónico. xose.vidal@usc.es
Teléfono:982823239