image

Grao en Enxeñaría Civil

Escola Politécnica Superior (EPS).
rúa Bernardirno Pardo Ouro, s/n. Campus Universitario. 27002. Lugo.
Universidade de Santiago de Compostela (USC).

RECUNCHO DO LABORATORIO DE FÍSICA II

PROPÓSITO DO LABORATORIO

  • Motivar mediante a estimulación do interés.
  • Proporcionar unha formación experimental para os conceptos teóricos introducidos nas clases. É importante que os estudantes teñan a oportunidade de comprobar algunhas das ideas por si mesmos.
  • Familiarizar os alumnos cos aparellos experimentais, o método científico, e métodos de análise de datos de xeito que teñan certa idea do proceso indutivo polo cal as ideas foron orixinadas. Ademais, deben aprender como facer observacións experimentais coidadosas, a pensar e obter conclusións dos datos obtidos.
  • Introducir os métodos empregados na estimación dos erros experimentais.
  • Desenvolver determinadas actitudes científicas, tales como a consideración das ideas e suxerencias doutras persoas, a obxectividade e a boa disposición para non emitir xuizos apresurados.
  • Aprender a escribir un informe técnico que comunique unha información científica dun xeito claro e preciso.
  • Manexar novos conceptos e técnicas que teñen un uso amplo en ciencias experimentais.

As prácticas de laboratorio non están destinadas a que consigas a "resposta correcta" por encima de todo. O seu propósito é aprender como gañar coñecemento ollando a realidade e entendendo o significado do que acontece. Non intentedes falsear os datos para axeitados á teoría coñecida!.


GUIÓNS DE PRÁCTICAS


I. TERMODINÁMICA E TRANSMISIÓN DE CALOR.

II. ELECTROMAGNETISMO.

Ligazóns

pix pix pix pix pix

Contacto

Despacho nº 7, Planta 1ª Inf. Pavillón II. EPS.
Titorías: 09:30 - 12:20 os Mércores e Xoves.
Correo electrónico. xose.vidal@usc.es
Teléfono:982823239