Descrición

A Comisión de Normalización Lingüística da Escola Técnica Superior de Enxeñaría organiza, conxuntamente coa Oficina de Software Libre e co Servizo de Normalización Lingüística, o Fiadeiro de Localización de Software Libre ao galego anualmente dende o 1999, para a promoción da lingua galega ligada ao impulso na utilización do software libre na USC, cumprindo asemade varios obxectivos recollidos tanto no Plan de Normalización Lingüística como no Plan Estratéxico das TIC.

Os obxectivos do Fiadeiro son:

Consta dunha acción formativa e dunha xornada de localización en que se poñerán en práctica todos os contidos aprendidos ao traducir unha aplicación de software para o galego, baixo a supervisión do profesorado do Fiadero.