next up previous


Informática. Exame de Teoría.
Setembro, 2006


Nome:


1 2 3 4 5   6 7 8 9 10
                     

PRIMEIRO PARCIAL:

  1. (1 PUNTO) Para qué serve e ónde se debe atopa-la sentencia cycle?

  2. (1 PUNTO) Cántas iteracións se executarán no seguinte bucle do? Xustifica a resposta.

    do i = 50, -50, -3
      print *, i
    end do
    

  3. (1 PUNTO) Completa-los intent dos argumentos no seguinte segmento de código xustificando a resposta:

    subroutine s(x, y, z)
    real, intent(...) :: x
    real, intent(...), dimension(10) :: y
    real, intent(...), dimension(10) :: z
    
    do i = 1, 10
      z(i) = x + y(i)
    end do
    
    return
    end subroutine
    

  4. (1 PUNTO) Qué son as variábeis estáticas? Qué sentencia se usa para indicar que unha variábel é estática? Cál é o valor inicial por defecto dunha variábel estática? Cómo podemos modificar ese valor?

  5. (1 PUNTO) Escribi-lo diagrama de fluxo dun algoritmo que lea unha matriz por teclado e calcule a súa traza (suma dos elementos da diagonal principal).

    SEGUNDO PARCIAL:

  6. (1 PUNTO) Escribi-las sentencias que permiten: a) declarar un vector e unha matriz dinámicos, ambos con elementos enteiros; b) reservar memoria para o vector (1000 elementos) e a matriz (orde 5x4); c) Libera-la memoria reservada.

  7. (1 PUNTO) Escribi-los comandos de Matlab necesarios para resolve-lo seguinte sistema de ecuacións lineais polo método de Cramer:


    x + y - z = 1      
    x - y - z = 0      
    x + y + z = - 1      

  8. (1 PUNTO) Escribir unha función en pseudocódigo que reciba como argumento un punteiro p ao primeiro nodo dunha lista simplemente enlazada. A función debe volta-lo número de nodos que ten a lista.

  9. (1 PUNTO) Escribi-las sentencias de pseudocódigo necesarias para insertar un novo nodo ao final dunha lista dobremente enlazada.

  10. (1 PUNTO) Escribi-las sentencias en pseudocódigo que permitan extraer un nodo dunha cola.


next up previous
© 2006, Dr. Manuel Fernández Delgado, Universidade de Santiago de Compostela, Departamento de Electrónica e Computación