Informática. Exame de Teoría.
30 de Novembro de 2005
Nome:
1 |
2 |
3 |
4 |
5 |
6 |
7 |
8 |
9 |
10 |
TOTAL |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Responder brevemente ás seguintes cuestións:
- (1 PUNTO) Cál é o tipo e o valor da seguinte expresión aritmética, supoñendo declaración implícita e n = 3, m = 5, i = 2:
n/m + 1.0 - i**2/m
- (1 PUNTO) Escribir unha sentencia en Fortran que nos permita definir que as variábeis que comecen coas letras a-d sexan enteiras e as restantes sexan reais.
- (1 PUNTO) Cáis son os operadores aritméticos, relacionais e lóxicos en Fortran? En qué orde (prioridade) se executan?
- (1 PUNTO) Qué se debe engadir a unha función externa para que sexa recursiva?
- (1 PUNTO) Para qué serve a sentencia common?
- (1 PUNTO) Supoñamos que estamos nun programa en Fortran que accede a un arquivo para ler del. Cómo podemos comprobar que se acadou a final do arquivo?
- (1 PUNTO) Qué formatos se empregan en Fortran para escribir nun arquivo valores reais con / sen expoñente e de dobre precisión?
- (1 PUNTO) Cáis son os símbolos usados para representar mediante diagramas de fluxo as estruturas iterativas mentres e repetir-ata-que, e a estrutura de selección se - senon?
- (1 PUNTO) Cál é a estrutura en Fortran 90 equivalente á seguinte estrutura en pseudocódigo?
mentres condición
sentencias
fin mentres
- (1 PUNTO) Cáis son as estruturas de control que se permiten en programación estruturada?
© 2005, Dr. Manuel Fernández Delgado, Universidad de Santiago de Compostela, Departamento de Electrónica e Computación