Informática. Teoría. Febreiro 2002
Nome: ......................................................................................................
- (1 PUNTO) Cal é a diferencia entre executar un programa en primeiro termo e executalo en segundo termo (en background)? Cómo podemos rematar (dende a linha de comandos) un proceso en execución en segundo termo?
- (1 PUNTO) Elixe unha das seguintes cuestións de Matlab e respóstaa:
- Escribir os comandos necesarios para representar a función
y = f (x) = e-x/2sin(10x) no intervalo [0, 10] con 100 puntos.
- Escribir as sentencias necesarias para resolver o seguinte sistema de ecuacións lineais:
x1 -2x2 +3x3 +4x4 = 1 |
-5x1 +6x2 +7x3 +8x4 = 2 |
9x1 +8x2 +7x3 +6x4 = 3 |
5x2 +4x2 +3x3 +2x4 = 4 |
- (3 PUNTOS) Deseñar un algoritmo en pseudocódigo que lea un conxunto de n números enteiros distintos (n debe ser menor ou igual a 100) que deberá suministrar o usuario. O programa debe:
- Verificar que o número n introducido polo usuario sexa correcto. Se non o é, deberase informar do erro e volver a pedi-lo número.
- Para cada enteiro introducido, verificar que non se introducira previamente (é dicir, que non estea repetido). Se está repetido, informar ó usuario e volver a pedir o número.
- Presentar a media dos valores introducidos.
- (3 PUNTOS) Escribir un subprograma en Fortran que reciba como argumentos dous vectores x e y (ambos de 3 compoñentes) e unha matriz A de orde 3x3. O subprograma debe calcular o produto dos 3 elementos da seguinte forma:
- (2 PUNTOS) Nunha variable de 16 bits temos almacenada a secuencia de bits ``CAFE'' (expresada en hexadecimal). Indicar a qué número nos referimos en base 10 cando a variable almacena un dato:
- Enteiro sen signo (código binario posicional puro).
- En formato signo-magnitude.
- En complemento a 1.
- En complemento a 2.
© 2006, Dr. Manuel Fernández Delgado, Universidad de Santiago de Compostela, Departamento de Electrónica e Computación