Informática:1º Grao Matemáticas
Abecedario de mulleres na informática:
A
Frances E. Allen (1932-2020). Informática estadounidense pioneira na optimización de compiladores. Foi a primeira muller Premio Turing da ACM (Association for Computing Machinery) en 2006.
B
Evelyn Berezin (1925-2018). Enxeñeira estadunidense coñecida por idear o primeiro procesador de texto para facilitar o traballo de oficina en 1969.
C
Joan Clarke (1917-1996). Matemática inglesa coñecida por ser a única muller criptoanalista que traballou no proxecto Enigma durante a Segunda Guerra mundial.
Corinna Cortes (1961-). Matemática danesa famosa polos seus traballos en aprendizaxe automática (machine learning) para o desenvolvemento da máquina de vectores de suporte (SVM, polas sías siglas en inglés).
D
Ingrid Daubechies (1954-). Famosa matemática belga que traballou na transformada wavelet (ondículas), creando a base de funcións de Daubechies, que son con diferencia as máis usadas para esta transformación nunha enorme variedade de aplicacións.
E
Jeri Ellsworth (1974- ). Deseñadora autodidacta de circuitos integrados e inventora estadounidense anunciou en 2013 que tiña desenvolvido un sistema de realidade aumentada chamado CastAR.
F
Sally Floyd (1950-2019). Coñecida fundamentalmente polo seu traballo no control da conxestión en internet.
G
Shafrira Goldwasser (1958- ). Matemática investigadora desde 1983 no grupo de informática teórica del MIT Computer Science and Artificial Intelligence Laboratory. Galardoada co Premio Turing en 2012 sendo a terceira muller en recibir devandito galardón.
Isabelle Guyon (1961-). Matemática francesa investigadora en intelixencia artificial, especialmente en máquinas de vectores de soporte e redes neuronais artificiais.
H
Grace Hopper(1906-1992). Foi responsable do primeiro compilador en 1951 e da creación do linguaxe de programación COBOL en 1957.
I
J
Katherine Johnson (1918-2020). Física-matemática americana que que calculou as traxectorias das misións Apollo e Mercury. Unha excelente matemátemática que realizou os cálculos que levarían as persoas á lúa. No 2015 recibe a Medall Presidencial da Liberdade dos Estados Unidos, a maior condecoración outorgada a un civil no seu pais.
K
Susan Kare (1954- ). Creou as iconas e moitos dos elementos da interface dalgunhas das empresas máis importantes do mundo como Microsoft, PayPal, IBM, Facebook e Pinterest. A carreira de Kare comenzou en Apple, como diseñadora de gráficos de pantalla e tipografías dixitais para o sistema operativo de Macintosh. O icona de Mac sonrinte do inicio de sesión e o símbolo da tecla Command, son algúns dos seus deseños máis coñecidos do seu período dentro da compañía. Foi cualificada polo MoMA de Nova York como unha das pioneiras e a máis influente deseñadora de iconas informáticos.
L
Lovelace, Ada (1815-1852). No 1843 inventa o primeiro programa de ordenador.
M
Jude Milhon (1939-2003). Foi coñecida como a “Santa protectora de hackers”. Acuñou o termo cypherpunk, fusión de cipher/cifrar e punk/resistencia. A finais da década dos 90 traballou como deseñadora web e como consultora de Internet. En 1994 publicou un libro dirixido a aquelas mulleres que querían iniciarse no hacking, tratando de desmitificar o funcionamento da rede, titulado: Hacking the Wetware: The Nerd Girls Pillow-book ("Hackeo á rede húmida: O libro de cabeceira da moza na rede"). Fíxose célebre polo seu lema "As mozas necesitan módems!".
N
O
P
Radia Perlman (1951- ). Informática americana coñecida como a Nai de Internet, foi a creadora do STP, spanning-tree protocol; protocolo fundamental para permitir a redundancia de camiños nas redes de área local (LAN).
Q
R
Àngela Ruiz Robles (1895-1975). Mestra galego-leonesa precursora do libro electrónico.
S
Carol Shaw (1955- ). Informática americana e pioneira do deseño de videoxogos, despois de que deseñase varios videoxogos de éxito para a consola Atari 2600 e tamén unha calculadora para Atari 800, en 1982 foi rexeitada pola empresa Imagic por non ter experiencia nos xogos de acción. Fichou entón por Activision onde creou o seu maior éxito: o River Raid para Atari 2600. Aínda que traballar programando e xogando a videoxogos lle parecía algo divertido, en 1990, con 35 anos, decidiu retirarse. A partir dos anos 80 do século XX o mundo da informática mudou de ser un espazo maioritariamente feminino a non ser demasiado atractivo para as mulleres.
Jean E. Sammet (1928-2017). Matemática e científica en computación que desenvolveu a linguaxe de programación FORMAC e foi a primeira persoa que escribiu en extensión sobre a historia e clasificación das linguaxes de programación en 1969. En 1971 foi presidenta do Grupo de Interese Especial de ACM (Association for Computing Machinery) en Linguaxes de Programación (SIGPLAN). De 1974 a 1976 foi a presidenta de ACM.
T
Ruth Lichterman Teitelbaum (1924-1986). Matemáticas que foi contratada polo exército para computar traxectorias balísticas, para de aí pasar a formar parte das programadoras orixinais do primeiro computador ENIAC. En 1997 todas as mulleres do ENIAC foron incluídas no Women in Technology International Hall of Fame (Salón Internacional da Fama de Mulleres en Tecnoloxía).
U
V
Dorothy Vaughan (1910-2008). Matemática estadunidense coñecida por ser a primeira supervisora de computación da NASA. Experta na programación en FORTRAN.
W
Mary Allen Wilkes(1937- ). Programadora que deseñou o sistema operativo LAP6 do Laboratory INstrument Computer (LINC), precursor do primeiro ordenador persoal. Foi a precursora do teletraballo desde a casa cun ordenador privado.
X
Y
Z